Entrevistas

Calpurnias, mulleres poetas ourensás

Rochi Nóvoa

Rochi

– Fálanos da túa traxectoria como poeta. Cando empezaches a escribir?

Comecei a escribir cos 12 anos, dende que me dee conta, a esa idade ganaba o primeiro premio de “ Jóvenes Talentos “ de CocaCola, pero non era consciente da poesía que escriba, xa que non daba forma ás estrofas e versos.

– Cal era a túa motivación principal?

Sempre foi a necesidade de transmitir, situacións de inxustiza, senti-mentos, ideas…

– Cantas obras publicaches?

Libros da miña autoria en poesía 5. A publicación non soe ter presa.

Libros de poesía con outras poetas ata a data 12.

– Como foi evolucionando esa escritura?

A poesía é liberdade e dende aí evoluciona ou retrocede en función dos tempos vividos, a poesía procura a búsqueda permanente, e defende á muller.

Entendo que evolucionou ao íntimo, a palabra sinxela, ós versos curtos, e á sociedade na que habito.

Quen ou que che inspirou?

Escribo por necesidade, como terapia, polo xeral escribo sobre a dó .

As Bronte, Lord Byron, Wild, E.A.Poe, Whitman, Dylan Thomas, Rosalía, Lois Pereiro, Añon, Celso Emilio, Novoneyra, Manuel María e un longo etc que non daría escollido.

– Cóntanos cales son as túas principais referencias literarias, e máis concretamente en canto á poesía escrita por mulleres.

(En liñas xerais din nome xa na anterior)

O primeiro nome que debe aparecer, sublimando ás nosas poetas, é sen dúbida Rosalía , Enma Pedreira, Mírian Ferradás, Iolanda Aldrei, Belém De Andrade, Concha Rousía, Chus Pato, Arantxa, Celia Parra, Lucía Aldao, Helena Janeiro… entre moitas. Cicais só sexa impresión miña, pero hai un bo número de mulleres de diversos estilos e idades, que dende logo están dando un pulo importante á nosa cultura e idioma.

Sempre me pareceu inxusto nomear, posto que quedan nomes maiúsculos de poetas, creo que vivimos tempos onde a poesía despuntou novamente e as voces femininas estamos presentes.

A parte máis fermosa, é o poder chegar a coñecernos entre nós, facer rede e o máis importante, a amizade que nos une a algunhas.

– Que che parece o proxecto Calpurnias, mulleres poetas ourensás?

Yoli tivo una idea brillante, e involucrouse moitísimo. Fixo que puideramos tecer lazos, coñecernos, e compartir os nosos versos e tempos.

Calpurnias namoroume dende o principio, fomos quen de achegarnos malia as distancias físicas kilométricas, coñecernos en persoa, e sobre todo, quedaron moitas ganas de buscarnos no tempo para coñecernos máis e cambiar impresións.

Sen dúbida é una honra poder ser parte deste alenco tan feminino e tan poético.

– Tes algún outro proxecto no horizonte?

Hai varios proxectos abertos e en constante movemento, non se pode parar.

– Algún poemario no que esteas a traballar?

Agora mesmo case rematando de seleccionar uns textos e revisando para dar forma, agardo antes de que remate o ano.

Pero din que decir o nome dá mala sorte.

– Que opinas do labor de Editorial Cuestión de Belleza?

Tiveron moita paciencia comigo, e supoño moito traballo. Maxino que foi difícil xestionar , debido ás distancias e a diversidade. Persoalmente no recital, ao coñecernos agradoume moito, xa que os correos resultan fríos e impersoais, xa que se suponen técnicos e precisos, de aí que dé máis traballo.

Logo cuadrado vectorial pequeño